Cervo, Barreiros e Trabada presentan as súas programacións de Entroido

Un espectáculo de zancos animará a cita na parroquia cervense, un mago o festival infantil barreirense e no desfile trabadense, o 16 de marzo, haberá orquestras e pulpería

Presentación do Entroido cervense. AXM

A parroquia de Cervo celebrará o seu Entroido os días 2 e 3 de marzo. A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por Rafa Blas e Carlos Sanz, en representación de Airiños do Xunco.

Os festexos comezarán o sábado, co tradicional Play Back Infantil, a partir das 18.30 horas no salón de actos do consistorio.

O domingo 3 de marzo será o desfile. Os participantes deberán estar presentes no pavillón de Cervo, ás 17.00 horas, para formalizar a inscrición no desfile.

A comitiva do Entroido pasará polas rúas do núcleo cervense desde as 18.00 horas. A continuación terá lugar a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas; que recibirán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas de produtos típicos de Entroido.

As comparsas integradas por máis de oito persoas, que se inscriban antes do 2 de marzo recibirán unha cesta de produtos típicos de Entroido de balde.

Para máis información os interesados poden chamar aos teléfonos 617 31 31 07 ou 982 55 76 13.

TCHYMINIGAGUA

Como novidade, as persoas asistentes poderán desfrutar do gran espectáculo itinerante festivo ‘TChyminigagua‘, procedente de Bogotá (Colombia).

Trátase dunha montaxe de comparsa, linguaxe teatral, acrobático e circense coa técnica patentada a nivel mundial de zancos en patíns, que non deixará indiferente a ninguén. Será unha achega do Concello de Cervo para animar esta cita de Entroido.

TRABADA, O 16 DE MARZO

En Trabada, o desfile celebrarase na tarde-noite do 16 de marzoA Asociación Cultural O Picato organiza o Entroido en colaboración co Concello, que asignou unha subvención nominativa a esta festa.

Presentación do Entroido trabadense. AXM

Trátase dunha das principais citas do municipio, que medra ao a ano. A agrupación organizadora e mailo goberno final sinalan que cada vez é maior o número de participantes no desfile e convidan a tomar parte nel e disfrazarse á poboación da Mariña Lucense.

O desfile, desde as 19.30 horas contará con carpa e pulpería, repartirá 3.000 euros en premios e estará amenizado por Grupo Fénix e Dúo Merengue.

BARREIROS

En Barreiros, o Festival Infantil do Entroido 2019 será 3 de marzo. A festa terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro entre as 17.30 e as 20.15 horas.

Haberá un desfile infantil de disfraces con agasallos, bailes en grupo, xogos de maxia e photocall. Desde o Concello advirten que “nas actividades os menores deberán estar acompañados dun adulto responsable desa rapaza ou rapaz”.

Os números de dinamización e maxia correrán a cargo de Chrystyan Magic. No festival tamén participarán Os Cabezudos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here